Nadal no Centro Sociocomunitario

Na semana do 16 ao 20 de decembro vaise celebrar o Nadal no Centro con varias actividades:

Luns 16, conexión mediante videochamada con outros centros da provincia para que os usuarios da aula informática feliciten o Nadal aos demáis compañeiros.

Martes 17, visita dos nenos do colexio Rosalía de Castro e dos usuarios do Centro de Día e da Residencia de maiores de Xinzo de Limia.

Mércores 18, taller de adornos navideños, participando maiores do Centro de Día, Residencia e Centro Sociocomunitario.

Xóves 19, "Nadal saudable", sesión de xerontoximnasia dirixida aos maiores de Xinzo de Limia.

Venres 20, "Festa" coa actuación da coral do Centro Sociocomunitario.


Actuación do grupo de teatro Xeito

O pasado 30 de novembro o Grupo de teatro Xeito, representou a obra "Unha casa de tolos" na casa da Cultura de Xinzo de Limia, nun acto solidario con Caritas Parroquial, cunha excelente participación ciudadana.


Sendeirismo: Castrelo do Val e Os Miragres

O grupo de sendeirismo percorreu sendeiros de Castrelo do Val e do Santuario dos Miragres en Baños de Molgas. O 17 de decembro, camiñará polo concello de Xinzo, rematando co xantar de Nadal.