Nadal no Centro Sociocomunitario

Na semana do 16 ao 20 de decembro vaise celebrar o Nadal no Centro con varias actividades:

Luns 16, conexión mediante videochamada con outros centros da provincia para que os usuarios da aula informática feliciten o Nadal aos demáis compañeiros.

Martes 17, visita dos nenos do colexio Rosalía de Castro e dos usuarios do Centro de Día e da Residencia de maiores de Xinzo de Limia.

Mércores 18, taller de adornos navideños, participando maiores do Centro de Día, Residencia e Centro Sociocomunitario.

Xóves 19, "Nadal saudable", sesión de xerontoximnasia dirixida aos maiores de Xinzo de Limia.

Venres 20, "Festa" coa actuación da coral do Centro Sociocomunitario.


Actuación do grupo de teatro Xeito

O pasado 30 de novembro o Grupo de teatro Xeito, representou a obra "Unha casa de tolos" na casa da Cultura de Xinzo de Limia, nun acto solidario con Caritas Parroquial, cunha excelente participación ciudadana.


Sendeirismo: Castrelo do Val e Os Miragres

O grupo de sendeirismo percorreu sendeiros de Castrelo do Val e do Santuario dos Miragres en Baños de Molgas. O 17 de decembro, camiñará polo concello de Xinzo, rematando co xantar de Nadal.




Sendeirismo polo Parque Nacional Peneda-Gerês

O Grupo de sendeirismo camiñou polas terras portuguesas de Campo de Gerês o pasado 30 de outubro.




Parte do grupo no Balneario de Lobios (Río Caldo)

VISITA AO PARQUE NATURAL DUNAS DE CORRUBEDO

O 17 de outubro, fixemos unha excursión ao Parque Natural Dunas de Corrubedo y Lagunas de Carregal y Vixán, visitando "A casa da Costa", a "Duna móbil", o mirador da Curotiña e Rianxo.

Rota pola Boutureira en San Ciprian das Viñas

  O grupo de sendeirismo do Centro realizou o 15 de outubro, unha rota por terras de San Cibrao das Viñas, aproveitando o percorrido da 7ª Andaina popular organizada por ese Concello o pasado 15 de setembro.


Comezo de actividades

No mes de outubro comezan a maioría das actividades do centro: Ximnasia, Ioga, Baile de salón, Baile latino, Natación......, tamén haberá un taller sobre dietética e nutrición, anímate....

Ademáis iremos ás Dunas de Corrubedo e Rianxo......

Visita ás Médulas e Ponferrada

O 25 do mes pasado, visitamos as Médulas (mina de ouro explotada polos romanos) e o casco antigo de Ponferrada.
Visita guiada polas Médulas
O grupo na "Cuevona"

Coa escultura do "barquilleiro", na Praza Maior de Ponferrada

O Grupo no Castelo do Temple

Nunha sala do Museo da Radio.

Saída a Tui-Valença-A Guarda

O 4 de setembro, visitamos a Catedral de Tui, Valença do Minho, coincidindo coa súa feira semanal e A Guarda, subindo ao monte Santa Trega.



 Desembocadura do Río Miño.
Ao fondo, A Guarda.

VISITA Á COSTA DA MORTE

O pasado 7 de agosto, visitamos Muxía, Camariñas e Laxe.
 Parte do grupo no Santuario da Virxe da Barca
O Cabo Vilano en Camariñas

Visita a Aveiro (Portugal)

O pasado 27 de xuño, un grupo de usuarios de Xinzo visitaron a preciosa cidade de Aveiro (Portugal), os seus canais e praias.
En barca pola "Venecia portuguesa"


Nunha espectacular praia

Vivendas típicas da "Costa Nova"

O centro sociocomunitario de Xinzo no Encontro "Baila"

Trinta usuarios de Xinzo participaron no Encontro de Centro Sociocomunitarios da Provincia de Ourense "BAILA" celebrado o 20 de xuño no pavillón polideportivo de Viana do Bolo, organizado polo Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
Houbo presentación de coreografías, concurso de baile de parellas e un animado baile no que participaron todo o mundo. Animado por un grupo musical.

No apartado de concurso de baile, unha parella de Xinzo conseguiu o terceiro premio, dándose a circunstancia que a mesma parella xa foi premiada o ano pasado na edición de Arnoia. Noraboa a Elena Cabrera e Germán Seara.

O Grupo de sendeirismo chega a Compostela

Parte do grupo de sendeiristas do Centro, chegaron o pasado 19 de xuño a Santiago de Compostela. Comezaron o 30 de abril en Valença do Minho e percorreron 120 km. en etapas realizadas cada 10-15 días. Atrás quedou o esforzo físico, as inclemencias meteorolóxicas e os madrugróns para o desprazamento en autocar ao inicio de cada etapa. Participaron un total de 25 sendeiristas, non pudendo chegar todos a Santiago por problemas de calendario. FELICIDADES.

Na praza do Obradoiro

 Antes de participar na "misa do peregrino"
Na oficina do peregrino para recoller a "Compostela"

FESTA DE ANIVERSARIO E CLAUSURA DE ACTIVIDADES

Coma todos los anos por estas datas celebramos o aniversario do Centro (24 anos) e o remate das actividades da tempada 2012/2013.....En setembro comezamos outra vez
 Actuaron a Coral e o Grupo de Gaitas do Centro, que amenizaron un animado baile

Grupo de senderismo: 5ª etapa do Camiño Portugués

 Despois da etapa dende Caldas de Reis, parte do grupo visitando o casco antigo de Padrón.
Pa

Grupo de sendeirismo: 4ª etapa do Camiño de Santiago Portugués

O Grupo de sendeirismo do centro realizou a 4ª etapa do Camiño de Santiago Portugués, dende a cidade de Pontevedra ata Caldas de Reis.

                                           O grupo na Ponte do Burgo de Pontevedra


Na fonte termal de Caldas de Reis

Usuarios de Xinzo participan nos II Encontros de actividades de Centros Sociocomunitarios de Ourense

Usuarios do Centro de Xinzo de Limia, participaron no encontro "Poñémonos en ruta", celebrado o pasado 29 de maio en Ourense, no que participaron usuarios do Centros de toda a Provincia, cunha andaina polo paseo termal de Ourense ata Outariz.

O grupo de gaitas no Centro de Día de Vilar de Santos

Con motivo das Letras Galegas, unha representación do grupo de gaitas do Centro, actuou no Centro de Día de Vilar de Santos, animando a xornada aos seus usuarios.

Grupo de sendeirismo: 3ª etapa do Camiño Portugués

Os sendeiristas do Centro fixeron a 3ª etapa do Camiño de Santiago Portugués, dende Redondela á cidade de Pontevedra, pasando por Arcade, cun bo ánimo a pesares da choiva. Xa queda menos para Santiago...

O Grupo de Gaitas do Centro nos Maios de Allariz

O Grupo de Gaitas do Centro, participou na Festa dos Maios que organizou a Concellería de Cultura de Allariz para todos os cativos da vila, o pasado 3 de maio.

Grupo de sendeirismo: 2ª etapa do Camiño Portugués


O Grupo de sendeiristas do Centro continúa facendo o Camiño de Santiago Portugués. Esta semana percorreron a segunta etapa, Porriño-Redondela. Pola tarde tocou visita ás Pozas de Melón.