O 26 de febreiro andivemos polo río Varón, na rota dos "arrieiros", por terras de O Carballiño.
No serán visitamos as Termas de Presigueiro e a Bodega Viña Costeira
O grupo de sendeiristas comeza tempada
Despois de varios intentos, abortados polo mal tempo, o 18 de febreiro inaugurou a súa tempada o grupo de sendeiristas do centro, cunha rota pola Forxa (Porqueira), visitando as fervenzas do Río Fírbeda, con gran caudal debido as numerosas precipitacións.
Oleiro adaptado
O 17 de febreiro, celebramos un "Oleiro adaptado" participando maiores do Centro de Día, da Residencia de Maiores e do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia. As olas eran "especiais" feitas polos propios usuarios do Centro de Día e da Residencia. Contamos coa colaboración da Comisión do Entroido de Xinzo e do grupo de gaitas "Foliada" do Centro Sociocomunitario.
O tempo non acompañou polo que tivemos que facer o lanzamento de olas baixo cuberto......
O tempo non acompañou polo que tivemos que facer o lanzamento de olas baixo cuberto......
Novas actividades: informática, actívate e pilates
No 2014, comezamos de novo coa "informática" e "actívate" dentro do Programa "Gente 3.0"
Tamén temos unha nova actividade: pilates
Tamén temos unha nova actividade: pilates
Suscribirse a:
Entradas (Atom)