Vacacións Imserso

Derradeiros días para solicitar praza no Programa de Turismo Social do Imserso (Vacacións)
Para os que non solicitaron nunca.....os demáis non teñen que facer nada.
 Máis adiante, enviarán a "acreditación" para ir as axencias de
viaxes

Curso de Inglés-iniciación

O 4 de abril, comezamos cun curso de Ingés, nivel de iniciación. Os venres de 12 a 13h. Anímate!

Rota do Monte Grande (Bande)

Realizada o pasado 26 de marzo.......


Roteiro do Río Arnoia

O grupo de sendeirismo por terras de Ramirás e Gomesende.


Entroido cos de Ximnasia


Ademáis de facer exercicio.....tamén se pode desfrutar do Entroido.....

Rota dos Arrieiros (O Carballiño)

O 26 de febreiro andivemos polo río Varón, na rota dos "arrieiros", por terras de O Carballiño.
No serán visitamos as Termas de Presigueiro e a Bodega Viña Costeira


O grupo de sendeiristas comeza tempada

Despois de varios intentos, abortados polo mal tempo, o 18 de febreiro inaugurou a súa tempada o grupo de sendeiristas do centro, cunha rota pola Forxa (Porqueira), visitando  as fervenzas do Río Fírbeda, con gran caudal debido as numerosas precipitacións.


Oleiro adaptado

O 17 de febreiro, celebramos un "Oleiro adaptado" participando maiores do Centro de Día, da Residencia de Maiores e do Centro Sociocomunitario de Xinzo de Limia. As olas eran "especiais" feitas polos propios usuarios do Centro de Día e da Residencia. Contamos coa colaboración da Comisión do Entroido de Xinzo e do grupo de gaitas "Foliada" do Centro Sociocomunitario.
                                           

                                       
 O tempo non acompañou polo que tivemos que facer o lanzamento de olas baixo cuberto......

Novas actividades: informática, actívate e pilates

No 2014, comezamos de novo coa "informática" e "actívate" dentro do Programa "Gente 3.0"


Tamén temos unha nova actividade: pilates


Nadal entre nós

Do 17 ao 20 tivemos no centro, varias actividades coordinadas co Centro de Día e a Residencia Sta. Marina de Xinzo de Limia, participando usuarios dos tres centros, e cativos de infantil do Colexio Rosalía de Castro.