O centro sociocomunitario de Xinzo no Encontro "Baila"

Trinta usuarios de Xinzo participaron no Encontro de Centro Sociocomunitarios da Provincia de Ourense "BAILA" celebrado o 20 de xuño no pavillón polideportivo de Viana do Bolo, organizado polo Departamento Territorial da Consellería de Traballo e Benestar.
Houbo presentación de coreografías, concurso de baile de parellas e un animado baile no que participaron todo o mundo. Animado por un grupo musical.

No apartado de concurso de baile, unha parella de Xinzo conseguiu o terceiro premio, dándose a circunstancia que a mesma parella xa foi premiada o ano pasado na edición de Arnoia. Noraboa a Elena Cabrera e Germán Seara.

No hay comentarios:

Publicar un comentario